En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.
a) Melón de Abaixo, SAT nº 1161 Xuga, procedeuse á cancelación de oficio con data do 16 de marzo de 2018.
b) Finca El Pilar, SAT nº 868 Xuga, procedeuse á cancelación de oficio con data do 27 de outubro de 2022.
c) Finca A Cortiña, SAT nº 1180 Xuga, cancelada por transformación da entidade en O Carrizal Sama, S.L., por o acordo aprobado na asemblea xeral do 30 de agosto de 2022, celebrada ante notario.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias