Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 2023 Páx. 9745

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2022, que se incorpora no anexo I desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do máster en Sistemas Aéreos non Tripulados.

26.9.2022

6.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do programa Horizon Europe.

26.10.2022

199.980 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para regular as condicións da axuda destinada á actualización e ampliación da Plataforma Innopharma da USC, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

28.10.2022

Sen achega económica

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) para a adquisición de equipamento e desenvolvemento de obra civil para a posta en marcha da infraestrutura de investigación «GALAXY-LAB».

21.11.2022

Sen achega económica

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador universitario beneficiario dunha axuda do ERC no marco do H2020.

23.12.2022

32.500 €

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para regular as condicións da axuda destinada ao despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i en Galicia, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

31.12.2022

Sen achega económica