Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 2023 Páx. 9273

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e intentada a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Ribadeo, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable, que a seguir se indica, da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

27.5.2022

27051A02000150

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

020

00150

76543248F

25.5.2022

27051A02100162

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 021

00162

76546883P;

33765294Y

24.5.2022

27051A02600293

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 026

00293

76566557V;

77592272R

25.5.2022

27051J00200043

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 002

00043

76531545B

26.5.2022

27051J00300288

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 003

00288

01953015Q

11.5.2022

27051J00400032

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 004

00032

33683716D

11.5.2022

27051J00400058

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo 004

00058

33687275A

24.5.2022

7129313PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

- 7129313

33686357M

24.5.2022

7329016PJ5272N

Ove (San Xoán), Ribadeo, Lugo

- 7329016

Vilela Sánchez José

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder a execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada reflectida na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución

subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/27051A02000150

27051A02000150

0,0095

3.545,82 €

33,63 €

2021/27051A02100162

27051A02100162

0,0510

2.056,00 €

104,83 €

2021/27051A02600293

27051A02600293

0,4352

1.688,89 €

735,04 €

2021/27051J00200043

27051J00200043

0,2005

1.688,89 €

338,58 €

2021/27051J00300288

27051J00300288

0,1326

1.688,89 €

223,92 €

2021/27051J00400032

27051J00400032

0,0298

3.545,82 €

105,71 €

2021/27051J00400058

27051J00400058

0,1009

3.545,82 €

357,83 €

2021/7129313PJ5272N

7129313PJ5272N

0,0261

1.688,89 €

44,01 €

2021/7329016PJ5272N

7329016PJ5272N

0,0049

1.688,89 €

8,25 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.

Ribadeo, 4 de xaneiro de 2023

Fernando Suárez Barcia
Alcalde