Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Baiona (expediente IN407A 2022/509-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS GON815 e substitución CTI Percibilleira 36AM71 por CTC.

Situación: concello de Baiona.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 182 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-7000/16 e final no apoio P2VS2TD//30-A1-1. LMTA a 20 kV, con condutor LA-110, de 98 metros de lonxitude, con orixe no apoio 9P186XML//30 e final no apoio proxectado C-7000/16. Liña de media tensión subterránea (LMTS) 20 kV, con condutor RHZ1, de 695 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-7000/16, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no centro de transformación proxectado. LMTS a 20kV, con condutor RHZ1, 220 metros de lonxitude, no centro de transformación proxectado e final no empalme coa LMTS existente GON8150795, na rúa Venezuela á altura do número 10. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado no camiño Parede Nova-Baiona, na parcela con referencia catastral 2130120NG1623S0001QJ. As instalacións están situadas en Santo Antón, no concello de Baiona (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van a expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 29 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2022/509-4.

Denominación: LMTA, LMTS GON815 e substitución CTI Percibilleira 36AM71 por CTC.

Concello: Baiona.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio/CT

Afeccións

m2

ml sub.

m2 sub

1

Parede

Nova-Baiona

Urbana

2130120NG1623S0001QJ

Gedesia Soluciones Técnicas

CT

16,81

1,97

8,02

2

Percibilleira

Rústico

54003A018000090000HU

CMVMC Santa María de Afora

1

3,24

3,11

9,07