Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8358

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para o axuste de aliñacións no ámbito do Plan especial de reforma interior do polígono de execución integral 15 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 25 de novembro de 2022, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para o axuste de aliñacións no ámbito do PERI do PEI 15, de iniciativa municipal.

De conformidade co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, así como no artigo 194.2 do seu regulamento, sométese o expediente á información pública por prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, con cita previa no teléfono 986 72 00 75.

Sanxenxo, 13 de decembro de 2023

Telmo Martín González
Alcalde presidente