Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2023 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 466/2022 no expediente de reposición da legalidade COR/136/2021-RP1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, en relación co procedemento ordinario 466/2022, interposto pola persoa con DNI 33121726R, contra a resolución ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 14 de setembro de 2022 (expediente COR/136/2021-RP1), na cal se declara que as obras executadas, consistentes na ampliación da planta baixa do inmoble sito na rúa Caldeirería, número 37, en Santiago de Compostela, sobre o espazo existente entre as unidades edificatorias 4104.01 e 4104.02, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e ordena a demolición das obras, a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, por conta dos interesados no prazo de tres meses, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións pública-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial do Estado) se emprazan as persoas con DNI 11804273Y, 33268776N, 33246520C, 33198399S, 33235467F, 44826028V, 44826029H e os herdeiros de Francisco López Landeira para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística