Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8191

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR358A).

BDNS (Identif.): 671428.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Programa de entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas. Serán beneficiarias aquelas entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial que estean inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos de Galicia.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de traballadores autónomos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR358A).

Cuarto. Importe

O importe será de 320.000 euros.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral de presentación de solicitudes do programa regulado nesta orde será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade