Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8260

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 17 de xaneiro de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 22 de novembro de 2022.

Mediante Orde do 22 de novembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 228, do 30 de novembro, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 88.2 e 92 da Ley 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 6.2, 8 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, con observancia do procedemento debido, a convocatoria pública efectuada pola Orde do 22 de novembro de 2022 e adxudicarlle á persoa funcionaria de carreira indicada no anexo o posto que tamén se especifica, vista a proposta-informe da persoa titular do centro directivo a que está adscrito o posto convocado sobre a apreciación da súa idoneidade para o desempeño do posto con respecto ás demais persoas solicitantes, e considerando que cumpre cos requisitos e especificacións que para o posto se exixen na relación de postos de traballo e, polo tanto, na convocatoria.

Segundo. O cesamento no destino actual efectuarase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria pública de libre designación no Diario Oficial de Galicia ou, de ser o caso, segundo o establecido na normativa de aplicación na Administración de procedencia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase efectuar no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun (1) mes.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser p caso, fosen concedidos. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o persoal funcionario, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Apelidos e nome: Macho Eiras, María Luz.

NRP/DNI: ******8146 A205J.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo e/ou escala: corpo facultativo superior.

Código do posto: MA.C03.00.401.15001.001.

Denominación: director/a.

Nivel: 28.

Centro de destino: Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Localidade: A Coruña.

* O NRP/DNI encóntrase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.