Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Martes, 24 de xaneiro de 2023 Páx. 8326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 7368/2022, seguido no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por instancia da Asociación Profesional de Oftalmólogos de España.

Manuel Sánchez-Puelles González de Carvajal, en representación da Asociación Profesional de Oftalmólogos de España, interpuxo recurso contencioso-administrativo, que se tramita como procedemento ordinario 7368/2022, seguido no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, sección 3.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Resolución do 26 de setembro de 2022 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, publicada no DOG do 7 de outubro de 2022, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2022, entre os cales se encontran convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde con establecementos de óptica para o desenvolvemento do programa Coida os teus ollos, de prevención de problemas visuais.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través desta resolución notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que son emprazadas para que poidan comparecer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2023

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade