Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2022/376-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: ret. LMTA TRO703 en Coutada de Arriba.

Situación: Redondela.

Características técnicas: desmontaxe de 539 de condutor LA-56 e soterramento dos tramos TRO7035349 e TRO7035285. Retirada de seis apoios de formigón, do SXS (36HEY5) e substitución do apoio de formigón A1NAP9RX//45 por un apoio C-2000/12. Retirada do van en condutor LA-56 do tramo TRO7035274 e tendido dunha liña de media tensión aérea a 15 kV, con condutor LA-56, de 20 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A1WL9J24//52 e final no apoio proxectado C-4500/16. Instalación de SXS nos apoios proxectados C-2000/12 e C-4500/16. Debido ao soterramento dos tramos TRO7035349 e TRO7035285, instálase unha liña de media tensión subterránea a 15 kV, con condutor tipo RHZ1, de 639 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado C-2000/12 e final no paso aéreo-subterráneo no apoio proxectado C-4500/16. A instalación está situada en Coutada de Arriba, Chapela, no municipio de Redondela (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase a disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 29 de decembro de 2022

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/376-4.

Denominación: ret. LMTA TRO703 en Coutada de Arriba.

Concello: Redondela.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afección

Apoio

Canaliz. subt.

m2

Lonx.

Sup. (m2)

1

Trasmaño

Agrario

36045A049000880000WR

CMVMC Chapela

1 e 2

32,34

91

239,32

2

Agrario

36045A049090060000WP

CMVMC Chapela

520,35

156,95