Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7932

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2023 pola que se ordena a publicación da concesión do III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, acordada polo Pleno na súa xuntanza do 29 de decembro de 2022.

Mediante o Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 23 de setembro de 2019, creouse o Premio Carlos G. Otero Díaz para promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións públicas e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG nº 215, do 12 de novembro).

Mediante o Acordo do mesmo órgano, do 18 de maio de 2022, aprobouse a modificación das ditas bases reguladoras e convocouse o III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, e designouse tamén o xurado (DOG nº 110, do 9 de xuño).

Valorados os traballos presentados, o xurado emitiu as actas correspondentes ás reunións levadas a cabo o 17 de novembro de 2022, o 23 de novembro de 2022 e o 28 de novembro de 2022, e remitiulle ao Pleno do Consello de Contas a súa proposta, o cal acordou por unanimidade, na súa xuntanza do 29 de decembro de 2022, a concesión do premio correspondente ao ano 2022.

Dando cumprimento ao disposto na base 12 das bases reguladoras do Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz,

RESOLVO:

Ordenar a publicación do acordado polo Pleno do Consello de Contas de Galicia na súa xuntanza do 29 de decembro de 2022, referido á concesión do III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz, de conformidade co contido reflectido no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2023

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Concesión do III Premio de Investigación Carlos G. Otero Díaz,
acordada polo Pleno do Consello de Contas de Galicia
na súa xuntanza de 29 de decembro de 2022

Primeiro. Adxudicar o primeiro premio ao traballo titulado La prevención del fraude y la corrupción en la gestión de los nuevos fondos europeos. ¿Qué papel tienen que jugar los órganos de control externo, cuxos autores son Eloy C. Morán Méndez e Manuel J. Santana Suárez, polas seguintes razóns: destaca o contido, a utilidade e a oportunidade do texto presentado, que afronta o complexo escenario xurdido no marco dos compromisos asumidos polo Estado español para a xestión dos riscos de corrupción vinculados aos fondos NextGeneration, cun novo modelo fiscalizador tanto desde a perspectiva dos órganos de control interno como externo. Faise unha comedida descrición dos mecanismos institucionais ao servizo dos plans antifraude, cun lúcido dominio da materia, con reflexións só posibles tras madurar os principais conceptos e dominalos ata o punto de sintetizar as complicacións e os retos que xorden nese camiño.

Segundo. Adxudicar o segundo premio ao traballo titulado Prevención del fraude y corrupción en la contratación pública mediante las tecnologías digitales, cuxos autores son Manuel José García Rodríguez e Enrique Javier Benítez Palma, polas seguintes razóns: realízase unha reflexión do modelo de control da contratación pública española, tendo en conta a actual normativa, cun breve repaso dos recentes informes dos organismos de control, completado coa análise das posibilidades que incorpora o uso das novas tecnoloxías na prevención e loita contra a corrupción en España, en concreto o aproveitamento das bases de datos das licitacións públicas. Valórase positivamente esta nova liña de traballo, que abre un camiño futuro para fiscalizar e comprobar o nivel dos estándares de integridade, con apoio de intelixencia artificial.

Terceiro. Comunicarlles aos autores dos traballos a concesión do primeiro e segundo premios outorgados, a través dos seus enderezos electrónicos, tras prestar o seu consentimento expreso previsto para tal efecto no anexo II da convocatoria.

Cuarto. Realizar o pagamento ex aequo do importe de 3.000 €, para os autores do traballo gañador do primeiro premio, e de 1.500 €, para os autores do traballo galardoado co segundo premio, con cargo á partida orzamentaria 02.01.111C.481.01, mediante a tramitación do correspondente expediente de gasto, segundo o previsto na normativa económico-financeira de aplicación.