Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 7994

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN ERROS. Orde do 29 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de subvencións a entidades locais de Galicia, e/ou aos seus entes instrumentais, co obxecto de promover e fomentar unha mellor atención das necesidades básicas das persoas beneficiarias do réxime de protección temporal afectadas polo conflito en Ucraína que carezan de recursos económicos suficientes, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS631F).

Advertido erro na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 13, do 19 de xaneiro de 2023, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 7222, no número 1 do artigo 2, referido ao financiamento, onde di: «1. A concesión das subvencións obxecto desta convocatoria faranse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.312C.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 por un importe de 781.560,00 euros procedentes de financiación estatal a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.», debe dicir: «1. A concesión das subvencións obxecto desta convocatoria faranse con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.312C.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 por un importe de 755.842,34 euros procedentes de financiación estatal a través do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.».