Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Luns, 23 de xaneiro de 2023 Páx. 8064

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de xaneiro de 2023 pola que se notifica a orde de retirada de embarcación varada na rampa Sete Fogas do porto de Rianxo (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José Benito Carou Otero, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación no domicilio, a Orde da Presidencia de Portos de Galicia, do 13 de decembro de 2022, para proceder a retirar do porto de Rianxo a embarcación Mallorca, con folio 7ª-VILL-3-27-99, nun prazo máximo de dez días, contados desde a publicación da orde.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A orde emítese por atoparse a embarcación varada en estado de abandono e con diversos desperdicios no seu interior na rampa Sete Fogas do Porto de Rianxo, de acordo co establecido no artigo 128.5 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.

No caso de incumprir este requirimento, Portos de Galicia procederá a retirar a embarcación de maneira forzosa e procederá ao seu traslado a un lugar que lle sería notificado e pasaríalle por iso os custos da dita retirada e traslado.

Comunícase igualmente, que de manterse a inactividade total na embarcación, este organismo poderá iniciar expediente para declarar a embarcación en situación de abandono, expediente previsto no artigo 128 da Lei de Portos de Galicia, que podería finalizar coa incautación da propiedade do barco.

Comunicamos, finalmente, que Portos de Galicia non asume ningunha responsabilidade polos danos que poida sufrir a embarcación durante o traslado nin tampouco no lugar onde quede depositada.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia