De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 25 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas por resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación (Orde do 21 de marzo de 2022-DOG núm. 63, do 31 de marzo), relacionadas no anexo.
Norma reguladora: Orde do 21 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CO300H).
Crédito orzamentario: 350.000,00 €.
Aplicacións orzamentarias: 06.03.751A.761.3 e 06.03.751A.781.1.
Finalidade: a concesión de subvencións para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural.
Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2023
Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
Entidades beneficiarias da subvención para a creación e o lanzamento de plataformas de marketplace para produtos agroalimentarios no medio rural
Expediente |
Entidade beneficiaria |
Subvención concedida |
CO300H-2022-CO06 |
Concello do Irixo |
32.000,00 € |