Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7775

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto de obra denominado obras ordinarias de urbanización de espazos libres no ámbito da UA-3 das normas subsidiarias de Arteixo.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o 22 de decembro de 2022, mediante a Resolución da Alcaldía número 4204/2022, foi aprobado inicialmente o proxecto de expropiación forzosa (taxación conxunta), por razóns urbanísticas, para a execución do proxecto de obra denominado obras ordinarias de urbanización de espazos libres no ámbito da UA-3 das normas subsidiarias de Arteixo.

Así mesmo, consonte a devandita resolución procede someter o referido proxecto a información pública por período dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Ref. catastral

Titular

Elemento

Superficie total da

parcela (m2)

Superficie exprop. def.

uds. (m2)

1

9349101NH3994N0001HH

Martínez Palleiro, Pablo

Solo

853

414

2

9349106NH3994N0001GH

García Vázquez, Rafael Carlos (50 %)

García García, José Antonio (50 %)

Solo

767

767

3

9349102NH3994N0001WH

Dopico Torres, María del Pilar

Solo

2.538

822

4

9349105NH3994N0001YH

Naya Liñares, Ramón

Solo

116

116

5

9349104NH3994N0001BH

Álvarez Barreiro, Ignacio (hros.)

Solo

Cons. aux.

1.549

1.549

6

9349103NH3994N0001AH

Promociones Brañeiras, S.L.

Solo

154

154

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examinar os seus contidos na sede electrónica do Concello de Arteixo e, presencialmente, nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, co fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva este anuncio de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administración públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 22 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto 1923/2022, do 31 de maio)
José Antonio Calvelo Añón
Concelleiro delegado de Medio Urbano