Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 30 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-0000083520 e catro máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas dos actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representen.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días (10), contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Concepción Arenal, núm. 7, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, nos actos que se notifican outórgase ás persoas interesadas un prazo de dez días (10), desde o día seguinte á notificación, practicada por comparecencia, para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude, e procederase ao arquivamento do expediente, logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 30 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data documento

FE-0000083520

32784073B

Requirimento da emenda da solicitude

11.1.2022

CO-0000097824

Y1370714C

Requirimento da emenda da solicitude

11.2.2022

SC-0000101226

33173212J

Requirimento da emenda da solicitude

16.8.2021

FE-0000102828

32589465Y

Requirimento da emenda da solicitude

8.10.2021

CO-0000105899

78739075R

Requirimento da emenda da solicitude

17.2.2022