Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7735

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade a resolucións de modificación de autorizacións ambientais integradas e a correccións de erros.

De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:

Instalación: planta de taboleiros de fibra de madeira

Modificación non substancial

Titular: Financiera Maderera, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2006/0375_NAA/IPPC_079

Localización: concellos de Rábade e Begonte (Lugo)

Expediente: 2021-IPPC-M-122

Instalación: planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe

Procedemento: transmisión de titularidade da autorización ambiental integrada

Antigo titular: Auxiliar Conservera, S.A.

Novo titular: Worldwide Fishing Company, S.L.

Expediente: 2022-IPPC-M-131

Localización: concello de Redondela (Pontevedra)

Núm. rexistro AAI: 2007/0029_NAA/IPPC_147

Instalación: complexo industrial de tratamento de subprodutos cárnicos non destinados a consumo humano e planta de coincineración (gasificación + combustión) de fariñas de carne e óso de categoría 1

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Gestora de Subproductos de Galicia, S.L. (Gesuga, S.L.)

Expediente de modificación: 2022-IPPC-M-101

Localización: concello de Cerceda

Núm. rexistro AAI: 2005/0009_NAA/IPPC_009

Instalación: explotación avícola de engorda de polos Alta Pedra-Cortegada

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Sociedad Cooperativa Alta Pedra, S.C.G.

Núm. rexistro AAI: 2007/0091_NAA/IPPC_122

Localización: San Xoán, parroquia de Cortegada, concello de Sarreaus (Ourense)

Expedientes de modificación: 2021-IPPC-M-134, 2021-IPPC-M-136, 2022-IPPC-M-54

Instalación: explotación avícola de engorda de polos

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Agrícola Gandeira Aguiar, S.C.

Núm. rexistro AAI: 2017-IPPC-71-318

Localización: concello de Sarreaus (Ourense)

Expediente de modificación: 2021-IPPC-M-47

Instalación: fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Galimetal, S.A.

Núm. rexistro AAI: 2007/0248_NAA/IPPC_183

Localización: concello da Cañiza (Pontevedra)

Expediente: 2022-IPPC-M-106

Instalación: vertedoiro de residuos non perigosos derivado da mellora do plan de restauración do espazo natural da canteira de Miramontes

Procedemento: modificación non substancial da autorización ambiental integrada

Titular: Sertego Servicios Medioambientales, S.L.U.

Localización: concello de Santiago de Compostela

(A Coruña)

Expediente: 2022-IPPC-M-130

Estas resolucións poderán consultarse en:

https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático