Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Venres, 20 de xaneiro de 2023 Páx. 7769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 3 de xaneiro de 2023, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesada para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-2/2022 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e polo xefe da Sección de Inspección e Sancións da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 3 de xaneiro de 2023

Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Actos obxecto de notificación

LU-2/2022

33549256F

Resolución expediente de desafiuzamento administrativo

LU-38/2022

33808886J

Rectificación de proposta de resolución