Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN661A 2018/1-1, no concello de Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme), no concello de Ponteceso (expediente IN661A 2018/1-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 30 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2018/1-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: parque eólico Corme modificación substancial (repotenciación parque eólico Corme).

Concello: Ponteceso.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

63

Alicia e Mª Carmen Chans Pailos

1319/2022

129,81 €

197

Matilde Camiño Lema

1337/2022

45,49 €

270

Elvira García Cousillas

1354/2022

198,01 €

308

María Cousillas Varela

1378/2022

136,69 €

309

María Cousillas Varela

1379/2022

359,26 €

321

Manuela Cousillas Rodríguez

1386/2022

129,56 €

367

Segunda Varela Pombo

1416/2022

187,18 €

380

Segunda Varela Pombo

1425/2022

1.042,93 €

390

Herdeiros de Aurelio Suárez Varela

1432/2022

1.418,85 €

397

Herdeiros de Aurelio Suárez Varela

1436/2022

750,50 €