Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de decembro de 2022 polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade LUL/27/2019-RP1.

O 3 de novembro de 2022, a instrutora do servizo de Inspección Urbanística III da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade LUL/27/2019-RP1 pola realización de obras dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo terrestre, no lugar de San Bartolo, termo municipal de Barreiros, provincia de Lugo.

Ao non se poder realizar a notificación persoal da proposta de resolución aos herdeiros do interesado con documento nacional de identidade número 33600762Q, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita proposta de resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro da proposta de resolución que se lles notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística