Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7240

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2023 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e a súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 30 de setembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos traballos de apoio técnico previo en tarefas relacionadas coa avaliación de impacto ambiental, o seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización.

–Actividade: auxilio en tarefas de análise técnica de explotacións sometidas ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, apoio técnico previo en tarefas de regulación da utilización de lodos de depuradora no sector agrario e tarefas de auxilio no seguimento do Plan de xestión de dexeccións gandeiras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a recepción do encargo ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de oitenta e seis mil catrocentos nove euros con cincuenta e oito céntimos (86.409,58 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

2. Resolución do 19 de outubro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Pontevedra, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

–Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos vinte e oito mil setecentos seis euros con corenta e un céntimos (228.706,41 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.640.3 (código de proxecto 2020 00065).

3. Resolución do 28 de outubro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia da Coruña, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 7 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos sesenta e un mil cento setenta e un euros con sesenta e nove céntimos (261.171,69 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.640.3 (código de proxecto 2020 00065).

4. Resolución do 31 de outubro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Ourense, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos noventa e nove mil oitocentos oitenta e tres euros con oitenta e sete céntimos (499.883,87 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.640.3 (código de proxecto 2020 00065).

5. Resolución do 31 de outubro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en montes veciñais en man común da provincia de Lugo, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos oito mil oitocentos setenta e seis euros con dous céntimos (308.876,02 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.640.3 (código de proxecto 2020 00065).

6. Resolución do 16 de novembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos de mellora de puntos de vixilancia na provincia da Coruña, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: mellora de dez puntos de vixilancia para a prevención e defensa contra incendios forestais en diversos concellos da provincia da Coruña.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 8 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta e sete mil cento oitenta e nove euros con trinta e oito céntimos (167.189,38 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2016 00212).

7. Resolución do 15 de novembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos de produción de efectivos e información para a conformación, instalación e, se for o caso, xestión e catalogación de plantacións de produción de materiais forestais de reprodución de bidueiro, piñeiro insigne e piñeiro do país de calidade xenética mellorada, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: traballos para o mellor abastecemento de materiais forestais de reprodución de Betula pubescens, produción de planta de Pinus radiata e de Pinus pinaster, e traballos de deseño dos futuros hortos de semente e plantacións de sementeira de elite.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 15 de novembro de 2022 ata o 31 de agosto de 2025.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos dezaseis mil douscentos corenta e sete euros con setenta e sete céntimos (316.247,77 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

8. Resolución do 22 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo no MVMC de Quireza (Cerdedo-Cotobade), provincia de Pontevedra, ano 2022 fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos corenta mil catrocentos trinta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (240.439,59 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

9. Resolución do 22 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en MVMC da provincia de Ourense, ano 2022 fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos oitenta e cinco mil catrocentos oitenta e nove euros con seis céntimos (285.489,06 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

10. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a creación de sistemas de prevención de incendios mediante a implantación de zonas de pastoreo en MVMC da provincia de Lugo, ano 2022 fase 2, cofinanciado ao 75 % polo Feader, no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

– Actividade: actuacións de prevención en terreos forestais en que, ao abeiro dos correspondentes acordos dos propietarios dos terreos adoptados no órgano de decisión correspondente, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias realizará con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma os traballos preventivos en réxime de prestación de servizos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 12 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento oitenta e oito mil setecentos trece euros con oito céntimos (188.713,08 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713B.604.3 (código de proxecto 2020 00065).

11. Resolución do 28 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos para a redacción do proxecto definitivo para unha base de medios aéreos tranfronteiriza nos concellos de Verín e Oímbra (Ourense), operación susceptible de financiamento ao 75 % no marco do programa de cooperación Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, dentro da área de cooperación plurirrexional, que xestionará o denominado proxecto de defensa contra incendios forestais na fronteira hispano-lusa (Interlumes).

– Actividade: redactarase o proxecto definitivo para unha base de medios transfronteiriza asentada nos concellos de Verín e Oímbra. Este proxecto debe dispoñer da determinación de detalles e especificacións de todos os materiais, elementos, sistemas construtivos e equipos necesarios para a súa execución.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da orde de execución ata o 30 de decembro de 2022.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e cinco mil dezanove euros con noventa e seis céntimos (95.019,96 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.622.1 (código de proxecto 2021 00136).

12. Resolución do 30 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a redacción e execución do proxecto de execución do centro administrativo e de formación de brigadas forestais de Toén, operación susceptible de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

– Actividade: redactarase un proxecto de execución que, partindo do proxecto básico xa redactado, serva para a posterior execución, tamén incluída neste encargo, da rehabilitación do antigo edifico da lavandaría do clausurado hospital psiquiátrico de Toén, para convertela nun centro administrativo e de formación de brigadas forestais de Toén.

No proxecto e posterior execución respectaranse a configuración e o volume orixinal do edificio. Os novos usos adecúanse aos espazos existentes entre muros de carga, só se realizan demolicións en tabicaría e trasdosados existentes que non sexan de carga. Búscase unha intervención respectuosa que manteña a tectónica e linguaxe da edificación, sen actuacións agresivas que encarezan a reutilización da edificación.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 10 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de un millón setecentos vinte e seis mil cento trinta e dous euros con noventa e oito céntimos (1.726.132,98 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.551B.632.1 (código de proxecto 2021 00082).

13. Resolución do 30 de decembro de 2022, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a realización dos traballos contidos no Plan extraordinario de mellora de camiños Limia 2ª fase, situada en Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia (Ourense).

– Actividade: o encargo consiste na execución da obra do Plan extraordinario de mellora de camiños Limia 2ª fase, situada en Baltar, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia (Ourense).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramitado con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022; o orzamento de execución ascende á cantidade de cincocentos cincuenta mil seiscentos noventa euros con vinte e tres céntimos (550.690,23 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.05.551A.604.1 (código de proxecto 2016 00219).

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural