Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Xoves, 19 de xaneiro de 2023 Páx. 7416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 28 de novembro de 2022, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada polo Concello de Ribeira, para a ocupación de superficie de dominio público portuario, para a construción dun centro de deporte náuticos e sede do club de remo náutico, no dominio público portuario de Aguiño (expediente 12-46-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa para a ocupación de superficie no dominio público portuario de Aguiño, de acordo co proxecto básico de escola de deportes náutico de Aguiño-Ribeira, asinado o 17 de xaneiro de 2022, polo arquitecto Manuel J. Domínguez Rodríguez, colexiado nº 4916.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na Avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 28 de novembro de 2022

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro