Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2023 Páx. 7002

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia, nos expedientes sancionadores, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0041/2022-V e un máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, son emprazadas as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, mediante este anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de otubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento, as ditas persoas interesadas poderán comparecer no prazo e no lugar que se sinalan a seguir:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 5º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 27 de decembro de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto

ANI-CO-0041/2022-V

Propietario do DNI 32726802X

Acordo de inicio

ANP-CO-0045/2022-V

Propietario do NIE X5865359Z

Acordo de inicio