Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente IN407A 2019/65-1, no concello de Fene.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do recuamento da LMTA, DC, CRN716A/ASN703-apoio D 24, no concello de Fene (expediente IN407A 2019/65-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que se detalla.

A Coruña, 26 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2019/65-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento da LMTA, DC, CRN716A/ASN703-apoio D 24.

Concello: Fene.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

1

Ángeles Bañobre Landeira e outros

1263/2022

86,84 €