Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Avión (expediente IN407A 2022/211-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1534 do ICOIIG, o día 27.10.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada o 28.10.2022.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF:A63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación CT Couso-32C242.

Situación: lugar de Couso, concello de Avión.

Orzamento: 25.982,48 €.

Características técnicas:

– Modificación do tramo final da LMT de alimentación a CTI proxectado, derivada da ALB801, en condutor tipo LA-56 e 40 m de lonxitude, asi como a instalación de elemento seccionador XS en apoio núm. 12-A-7. A reforma ten inicio no apoio existente núm. 12-A-7 e final en apoio proxectado núm. 12-A-CT.

– Substitución do CT Couso (expediente IN407A 2012/162-3, 25 kVA), situado en caseta, por un novo CTI de 50 kVA de potencia, a instalar sobre un novo apoio de celosía metálica, de tipo C-12/2000. Illante en aceite mineral.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 9 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense