Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 17 de xaneiro de 2023 Páx. 6667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 12 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS650A (expediente 32/00141-I/12 e tres máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse a través deste anuncio as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro das resolucións. Transcorrido o dito prazo, de non o faceren, terase por practicada a notificación no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer a reclamación previa na vía xurisdicional social, perante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días seguintes ao da data da súa notificación, efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Ourense, 12 de decembro de 2022

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS650A.

Nº de expediente

Persoa interesada

Resolución

Data da resolución

32/00141-I/12

49709912N

Modificación

15.6.2022

32/00186-I/19

49708802Y

Rehabilitación

11.5.2022

32/00017-I/21

49708804P

Modificación

17.5.2022

32/00518-I/99

34906611V

Extinción

6.6.2022