No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 299, do 31 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases e a convocatoria do proceso selectivo, mediante concurso, dunha praza de persoal laboral fixo do Concello de Ramirás, categoría axente de emprego e desenvolvemento local, incluída na oferta de emprego público de 2022, taxa adicional de estabilización do emprego temporal (disposición adicional sexta da Lei 20/2021).
De conformidade co disposto nas referidas bases, o prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Ramirás, 9 de xaneiro de 2023
Isabel Gil Álvarez
Alcaldesa presidenta