Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 16 de xaneiro de 2023 Páx. 4817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de biodiésel de Biovigo Energy, S.L. en Curtis (A Coruña) (expediente 2022-IPPC-I-119).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da instalación citada no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación poderase consultar:

• Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de atención ao público.

• Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/ → medio ambiente e sostibilidade → prevención e control de actividades → autorización ambiental integrada → proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2022-IPPC-I-119.

Peticionaria: Biovigo Energy, S.L.

CIF: B36989556.

Domicilio social: polígono industrial Curtis-Teixeiro, rúa Mesía, parcela E-11, 15310 Curtis, A Coruña.

Localización da instalación: polígono industrial Curtis-Teixeiro, rúa Mesía, parcela E-11, 15310 Curtis, A Coruña.

Actividade: produción de biodiésel e glicerol.

Descrición: o proxecto consiste na produción e almacenamento de biodiésel e glicerol producidos a partir de residuo de aceites vexetais de cociña usados (UCO) mediante proceso industrial descontinuo de transesterificación e esterificación, cunha capacidade produtiva máxima de 30.000 t/ano de biodiésel e 4.200 t/ano de glicerol.

A capacidade máxima de almacenamento puntual de UCO na instalación cuantifícase en 700 t.

O UCO que se empregará como materia prima na planta clasifícase como residuo SANDACH de categoría 3 e código LER 200125.

Como consecuencia da actividade da planta xeraranse augas residuais de proceso, sanitarias e pluviais. As augas residuais de proceso (con tratamento previo) e as sanitarias, verteranse á EDAR do polígono a través da rede de saneamento, e as pluviais conduciranse á rede de pluviais do polígono para ser vertidas ao fin de liña a un afluente innominado do río Mandeo.