Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4427

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, da convocatoria para o levantamento de actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico Farrapa II (expediente 066-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Farrapa II, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, logo de exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 21 de decembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 066-EOL.

Denominación: parque eólico Farrapa II.

Convocatoria de levantamento de actas previas: 1, 2 no concello de Abadín.

Predio

Propietario/a

Polígono

Parcela

Data do acto

Hora

Concello

26

Descoñecido/a

53

94

2.2.2023

9.00

Abadín

27

Descoñecido/a

53

165

2.2.2023

9.00

Abadin

49

Josefa Otero Bouso

53

144

2.2.2023

12.00

Abadín

50

Josefa Otero Bouso

53

111

2.2.2023

12.00

Abadín