Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0011/2022-V).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas, para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos, ditados en relación cos procedementos sancionadores, en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (Lei 4/2017, do 3 de outubro; DOG núm. 194, do 11 de outubro e BOE núm. 263, do 30 de outubro), lles son notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede deste servizo provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala norte, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Logo de transcorrer o dito prazo, sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 20 de decembro de 2022

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

Anexo

Número de expediente

Persoa interesada/DNI

Acto

ANI-CO-0011/2021-V

Propietario do DNI 49677807S

Proposta de resolución