Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, polo que se dá publicidade da Resolución do 19 de decembro de 2022, pola que se ratifica a adaptación dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda.

Para dar cumprimento ao previsto no artigo 4.4 do Decreto 8/2014, do 16 de xaneiro, polo que se regulan as confrarías de pescadores de Galicia e as súas federacións, faise pública a resolución ditada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro o 19 de decembro de 2022, pola que se ratifica a adaptación ao citado decreto dos estatutos da Confraría de Pescadores Santa Tecla da Guarda e se acorda a súa inscrición no tomo II, libro 2, volume 1 do Rexistro de Confrarías e das súas Federacións, acto que lles atribúe eficacia xurídica, consonte o disposto no artigo 2.2 da Lei 9/1993, do 8 de xullo, de confrarías de pescadores de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro