Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de decembro de 2022 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na Red autonómica de estradas de Galicia (RAEG) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, de clave OU/22/057.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 29 de decembro de 2022 realizouse a aprobación técnica previa do trazado do proxecto de mobilidade sustentable de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG (Rede autonómica de estradas de Galicia) nas rutas de acceso á cidade de Ourense, de clave OU/22/057.06, nos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo, que se tramitará segundo o disposto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Considerando o exposto e o establecido na normativa vixente,

ACORDO:

Primeiro. Someter ao trámite de información pública o proxecto de trazado de mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso á cidade de Ourense, actuación financiada polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia , financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, de clave OU/22/057.06, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular, por escrito dirixido á Axencia Galega de Infraestruturas, as alegacións que crean convenientes relativas á concepción global da actuación e das distintas alternativas analizadas, de ser o caso, de acordo co disposto no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.

Segundo. Someter ao tramite de información publica a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto, descritos na relación anexa, para que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade da ocupación. Neste caso, indicará os motivos polos que se deba considerar preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación, como máis conveniente ao fin que se persegue, de acordo co disposto nos artigos 17, 18 e 19 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Terceiro. O prazo para presentar alegacións será de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A documentación que compón o proxecto estará á disposición da cidadanía na sede central da Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Ourense (rúa Sáenz Díez, 1, 32071) e nas casas dos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo.

Así mesmo, estará dispoñible na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos, a seguinte documentación:

• A documentación íntegra do proxecto.

• Un extracto do documento cos obxectivos, localización e descrición da actuación.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2022

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Mellora de accesibilidade e conectividade das paradas de autobús situadas na RAEG nas rutas de acceso á cidade de Ourense
Clave: OU/22/057.06

Bens afectados

Nº de predio

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Nome

NIF

Clase de solo

(catastro)

Clasificación urbanística

Situación

básica do solo

(RDL 7/2015)

Superficie para expropiar (m2)

Cantidade

Ud.

Descrición

– Concello de Barbadás

1

0601101NG9800B

6011

1

José Iglesias Caeiro

***8768**

Residencial

Urbano

Urbanizado

3

Rosa Tumuro Sueiro

***1162**

2

0601103NG9800B

6011

3

Hdros. de Gumersindo Fernández Fernández

***1269**

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

33

15

ml

Muro de pedra e enreixado

3

0717204NG9801F

7172

4

Jesús González Couto

-

Residencial

Urbano

Urbanizado

28

4

0717205NG9801F

7172

5

María Trinidad Sabucedo Pateiro

***0233**

Residencial

Urbano

Urbanizado

25

5

0717206NG9801F

7172

6

Sergio Andrés Suárez Chaparro

***1046**

Residencial

Urbano

Urbanizado

113

Maira Yulieth Delgado Peña

***3632**

6

2463610NG9826C

24636

10

En investigación

-

Residencial

Urbano

Urbanizado

34

7

2463624NG9826C

24636

24

En investigación

-

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

6

– Concello de Larouco

8

1502522PG5910S

15025

22

En investigación

-

Solo sen edificar

Urbano

Urbanizado

15

8

ml

Muro

e porta metálica

– Concello de Viana do Bolo

9

32087A01800602

018

602

Alfonso Taboada Vilela

***9424**

Agrario (labor ou labradío secano)

Rústico

Rural

1

10

32087A01800605

018

605

Remedios Vaz Lavarez

-

Agrario (labor ou labradío secano)

Rústico

Rural

5

11

32087A01800606

018

606

José Antonio Vaz Lavarez

***7060**

Agrario (labor ou labradío secano)

Rústico

Rural

1

12

32087A01800595

018

595

José Pereita Clavería

***5242**

Agrario (labor ou labradío secano)

Rústico

Rural

16

13

32087A01500110

015

110

En investigación

-

Agrario

(matogueira)

Rústico

Rural

66

– Concello do Bolo

14

32016A11900292

119

292

Ángel Domínguez Yáñez

***6925**

Agrario

(matogueira)

Rústico

Rural

48

Cándido Domínguez Yáñez

***0762**

María Teresa Núñez Domínguez

***8147**

15

32016A11900371

119

371

Cándido Domínguez Yáñez

***0762**

Agrario

(matogueira)

Rústico

Rural

71

16

32016A15500192

155

192

En investigación

-

Agrario

(matogueira)

Rústico

Rural

48

17

32016A08300394

083

394

En investigación

-

Agrario

(matogueira)

Rústico

Rural

43