Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 13 de xaneiro de 2023 Páx. 4367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 21 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2022/244 e nove máis.

Unha vez intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, estas non se puideron efectuar. Por este motivo e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, rúa Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, xa citada, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/número de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2022/244

55477776M

Resolución

6.10.2022

PR905A 2022/279

55586734N

Resolución

7.11.2022

PR905A 2022/355

32975226B

Resolución

6.10.2022

PR905A 2022/391

04681183Q

Resolución

6.10.2022

PR905A 2022/421

55478267J

Resolución

6.10.2022

PR905A 2022/439

09843416Z

Resolución

14.11.2022

PR905A 2022/681

32976237X

Resolución

10.11.2022

PR905A 2022/697

35665348F

Resolución

10.11.2022

PR905A 2022/759

XDD675296

Resolución

14.11.2022

PR905A 2022/773

06338812N

Resolución

14.11.2022