Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo na Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, mediante a Orde do 14 de novembro de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 221, do 21 de novembro, de conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,
DISPOÑO:
Primeiro. Adxudicar destino ao funcionario cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde desta consellería do 14 de novembro de 2022, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.
Segundo. O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos ao interesado. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2022
Francisco José Conde López
Vicepresidente primeiro e conselleiro de
Economía, Industria e Innovación
ANEXO
Apelidos e nome: Domínguez González, Javier.
DNI: ***4704**.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: corpo de enxeñeiros de minas da Administración xeral do Estado.
Código do posto: EI.C03.00.002.15770.001.
Denominación do posto: subdirector/a xeral de Administración Industrial.
Nivel: 30.
Dependencia: Secretaría Xeral de Industria.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.