Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Melón (expediente IN407A 2022/188-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, con número de colexiado 2880 do COITI Vigo e con visado número 22202439 do 4.11.2022 do sinalado colexio profesional.

Solicitante: Distribuidora Eléctrica de Melón, S.L.; CIF: B32011173.

Domicilio: rúa Coruña, 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación do CTA Negrelle-Melón (expediente 3268 AT).

Situación: lugar de Negrelle, concello de Melón (Ourense).

Orzamento: 9.692,39 € de execución material.

Características técnicas: modificación do CTA Negrelle.

– Substitución do transformador aéreo existente de 50 kVA por un novo transformador de 160 kVA, xunto con toda a súa aparellaxe asociada. Montaxe dos cadros de BT e de compensación de reactiva, material illante en aceite mineral. Coordenadas xeográficas: latitude: 42°17’11.2’’N, lonxitude: 8°12’32.9’’W, fuso 29.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 7 de decembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense