Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3914

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do convenio urbanístico de unificación de aproveitamentos no SUE-3.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, na sesión ordinaria do día 29 de novembro de 2022, acordou aprobar inicialmente o convenio urbanístico de unificación de aproveitamentos no SUE-3. O devandito convenio urbanístico foi obxecto de sinatura o 14 de decembro de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente ao público polo prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan examinalo as persoas interesadas, nas dependencias da Secretaría Municipal deste concello, e presenten, de ser o caso, as alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Lalín, 15 de decembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 14.8.2020; BOP nº 162, do 24 de agosto)
Raquel Lorenzo Fernández
Concelleira delegada de Urbanismo