Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A (expediente 2021/2040-1 e sete máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación das resolucións das reclamacións previas ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou os seus representates debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 de A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, efectuada por comparecencia, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 21 de novembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2021/2040-1

47377336G

Desestimación da reclamación

2.5.2022

2021/3946-1

49470208Z

Desestimación da reclamación

22.6.2022

2021/3858-1

32942683J

Desestimación da reclamación

2.5.2022

2021/4789-1

33311073N

Desestimación da reclamación

30.4.2022

2021/5839-1

47354465H

Desestimación da reclamación

3.5.2022

2021/6168-1

32757828D

Desestimación da reclamación

6.5.2022

2021/6364-1

Y7231863X

Desestimación da reclamación

1.7.2022

2022/2018-1

32770890F

Desestimación da reclamación

29.6.2022