Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 12 de xaneiro de 2023 Páx. 3866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Buscalume Juegos, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 14 de decembro de 2022, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 1 dos estatutos sociais relativo á denominación social da entidade Buscalume Juegos, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral con data 1 de agosto de 2022. A nova denominación social é Buscalume, S. Coop. Galega.

Ourense, 14 de decembro de 2022

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense