Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible á súa notificación personal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Lugo (rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non o cumprir, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.
O prazo de que dispón as persoas solicitantes do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o dito prazo a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.
Lugo, 9 de decembro de 2022
Gerardo Criado Guizán
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE/pasaporte |
PR204A 2022/4030-2 |
35625548C |
PR204A 2022/4073-2 |
34881440P |
PR204A 2022/4177-2 |
45143487F |
PR204A 2022/4194-2 |
32446822D |
PR204A 2022/4323-2 |
X9883851R |
PR204A 2022/4328-2 |
Y8589366F |