Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3204

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 22 de decembro de 2022 pola que se modifica a autorización do Centro Privado Agarimo, de Arteixo.

A persoa representante da titularidade do Centro Privado (CPR) Agarimo, de Arteixo, solicita a ampliación dunha unidade de educación especial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización para a ampliación dunha unidade de educación especial, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado (CPR).

– Denominación específica: Agarimo.

– Código do centro: 15020431.

– Enderezo: rúa Padre Villa, 30.

– Código postal: 15141.

– Localidade: Arteixo.

– Concello: A Coruña.

– Provincia: A Coruña.

– Titular: Asociación Agarimo.

Composición resultante:

• Educación especial: 6 unidades.

• Ciclos de formación profesional básica.

– Agroxardinaría e Composicións Florais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Carpintaría e Moble (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Cociña e Restauración (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Reforma e Mantemento de Edificios (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

– Servizos Administrativos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Educación de persoas adultas.

– Ensinanzas básicas iniciais.

– Educación secundaria para persoas adultas.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e
Universidades