Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 11 de xaneiro de 2023 Páx. 3471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade da Resolución do 19 de decembro de 2022, pola que se outorga a autorización ambiental integrada con número de rexistro 2015-IPPC-71-360 para unha planta de recepción e pretratamento de residuos xerados por buques. Titular: Limpieza Marítima de Óleos, S.L. (Limpoil).

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Instalación: planta de recepción e pre-tratamento de residuos xerados por buques

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Limpieza Marítima de Óleos, S.L. (Limpoil)

Expediente: 2015-IPPC-I-71

Localización: concello da Coruña (A Coruña)

Núm. de rexistro AAI: 2015-IPPC-I-71

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático