Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2875

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 27 de decembro de 2022 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (LA2202).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en diante, LOU; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e conforme o establecido nos Estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro (DOG do 22 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve anunciar a convocatoria de concurso público na seguinte categoría:

LA2202. Lista de agarda (anexo).

A información completa pode consultarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index, seleccionando «emprego» e logo «concursos de profesorado». Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 27 de decembro de 2022

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1

Referencia:

LA2202-H04-335-PI-TP-01

Corpo/Categoría:

profesor/a contratado/a de substitución

Área de coñecemento:

Filoloxía Francesa

Departamento:

Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/Docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 2

Referencia:

LA2202-T03-590-PI-TP-01

Corpo/Categoría:

profesor/a contratado/a de substitución

Área de coñecemento:

Máquinas e Motores Térmicos

Departamento:

Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

C

Perfil/Docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 3

Referencia:

LA2202-T06-505-PI-TP-01

Corpo/Categoría:

profesor/a contratado/a de substitución

Área de coñecemento:

Enxeñ. Cartográf., Xeodés. e Fotogramet.

Departamento:

Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/Docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 4

Referencia:

LA2202-X01-740-PI-TP-01

Corpo/Categoría:

profesor/a contratado/a de substitución

Área de coñecemento:

Psicoloxía Social

Departamento:

Análise e Intervención Psicosocioeducativa

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

B

Perfil/Docencia:

o perfil correspóndese con materias da área

Praza nº 5

Referencia:

LA2202-X09-650-PI-TP-01

Corpo/Categoría:

profesor/a contratado/a de substitución

Área de coñecemento:

Organización de Empresas

Departamento:

Organización de Empresas e Márketing

Titulación:

licenciado/enxeñeiro/arquitecto/graduado

Baremo:

A

Perfil/Docencia:

o perfil correspóndese con materias da área