Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 3161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Triacastela

ANUNCIO da corrección de erros da convocatoria e bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 (artigo 2 e disposición adicional sexta da Lei 20/2021, do 28 de decembro), cota xeral, acceso libre.

No BOP de Lugo núm. 281, do 10 de decembro de 2022, publicáronse integramente a convocatoria e as bases para o ingreso en prazas de persoal laboral fixo (artigo 2 e disposición adicional 6ª da Lei 20/2021), e no BOP de Lugo núm. 289, do 20 de decembro de 2022, publicouse unha corrección de erros do devandito anuncio.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no BOP de Lugo.

Triacastela, 20 de decembro de 2022

M. Olga Iglesias Fontal
Alcaldesa