Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 3156

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO da convocatoria para prover en propiedade oito prazas vacantes da escala de Administración xeral incluída na oferta de emprego público 2021.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 227, do 28 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases, aprobadas pola Resolución da Alcaldía núm. 2022-1984, do 22 setembro de 2022, que rexerán a convocatoria para prover en propiedade oito (8) prazas vacantes da escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante a quenda de promoción interna, incluída na oferta de emprego público do ano 2021, que foron publicadas no DOG núm. 45, do 7 de marzo de 2022.

Grupo/subgrupo

Escala

Subescala

Posto

Códigos dos postos

Quenda

C1

Administración xeral

Administrativa

Oficial/a administrativo/a

01.02.00.07

01.02.00.08

01.01.00.02

01.02.03.04

01.02.03.05

01.02.04.03

01.04.00.07

03.01.00.07

Promoción interna

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Ponteareas, 1 de decembro de 2002

María Cristina Fernández Davila
Alcaldesa