Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2023 Páx. 2957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO das bases que regularán as convocatorias dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 234, do 13 de decembro de 2022, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello e na páxina web municipal, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria dos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Ames incluídas na oferta de emprego público de 2022, así como a correspondente convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE), tal e como establece a disposición décimo primeira das bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Ames, 13 de decembro de 2022

José Blas García Piñeiro
Alcalde