Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 15 de decembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/221-1).

Expediente: IN407A 2022/221-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: nova saída subestación Boiro peche Cabo de Cruz 1ª fase.

Concello: Boiro.

1. Características técnicas:

• Actuación 1: LMTS a 20 kV, de 56 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe na subestación Boiro e remate na arqueta existente.

• Actuación 2: LMTS a 20 kV, de 2.456 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe en arqueta existente ao carón da subestación Boiro e remate no CT San Martín (15CJJQ, IN407A 08/354) existente.

• Actuación 3: LMTS a 20 kV, de 1.067 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no PA/S do apoio núm. 9P042V4L//20/10 (IN407A 2016/2129-1) da LMT BOI-802 e remate no PA/S proxectado no apoio núm. 9OV0JG3G//30-6 (expediente 34.874) existente. Posta fóra de servizo do tramo da LMTA comprendido entre estes dous apoios.

• Actuación 4: LMTS a 20 kV, de 24 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate na arqueta proxectada ao carón do CT restaurante Chicolino (15PSP2).

• CT compacto prefabricado telecontrolado, cunha potencia de 250 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P. Retirada do CTI Budión (15AAH3) (IN407A 2016/1353-1) existente.

• CS compacto prefabricado e configuración 3L (2 telecontroladas).

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares dos dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 15 de decembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Número de predio: 1.

Lugar: Miñón.

Referencia catastral: polígono 30-parcela 240.

Cultivo: rústico e agrario.

Persoas propietarias: herdeiros/as de José Dieste.

Afección do solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro de transformación máis acceso.

• m2: 92,51.

Número do predio: 2.

Lugar: Exipto.

Referencia catastral: 1510132NH1211S0001DB.

Cultivo: urbana.

Propietario: Arturo Fajardo Piñeiro.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro de seccionamento.

• m2: 17,50.