Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2548

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2022 pola que se resolve o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos).

De conformidade co establecido no punto 12 das bases da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado pola Resolución do 8 de xullo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 12 de agosto de 2022, e no uso das facultades conferidas pola Resolución do 23 de decembro de 2016, de delegación de facultades, publicada no DOG nº 23, do 22 de febreiro de 2017.

Tendo en conta a lista definitiva coas puntuacións do proceso selectivo aprobada pola Comisión de Selección designada para cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos), así como a proposta que formulou a citada comisión por medio da Resolución do 21 de decembro de 2022,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta formulada pola Comisión de Selección na súa Resolución do 21 de decembro de 2022, que foi publicada na web e no taboleiro de anuncios do Igape, para o posto de xefe/a da Unidade de Proxectos Estratéxicos, coa candidata:

Natalia Barros Sánchez, con DNI (*) ***0003**.

*O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.

Segundo. Solicitarlle á candidata seleccionada que acepte o posto no prazo de tres (3) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web do Igape (www.igape.es).

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo diante do xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica