Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2649

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións do cemiterio de San Xoán (Poio-Pontevedra).

A Xunta de Goberno Local, na sesión do día 29.11.2022, adoptou, entre outros, o Acordo núm. 20851 polo que se acordou aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións do cemiterio de San Xoán, e continuar os trámites oportunos, polo que se somete á información pública o devandito plan durante o prazo de dous meses, contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e tamén no xornal Diario de Pontevedra. Durante o devandito prazo de información pública, contado desde a data da última publicación, poderá examinarse o devandito plan no Servizo de Urbanismo, na casa do concello, das 8.00 ás 14.00 horas, previa cita, e poderanse presentar as alegacións que se consideren oportunas.

Poio, 15 de decembro de 2022

Luciano Sobral Fernández
Alcalde