Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade mediante a Orde do 14 de outubro de 2022 (DOG núm. 205, do 27 de outubro), esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a dita convocatoria coa adxudicación do destino á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 14 de outubro de 2022.
Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres (3) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do novo destino deberase realizar, a partir do día do cesamento, no prazo de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2022
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade
ANEXO
Apelidos e nome: Fernández López, Pilar.
DNI: **8619***.
Grupo/subgrupo: A2.
Corpo ou escala: 2051-corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
Código de posto: EM.C99.10.000.27001.001.
Denominación: xefe/a territorial.
Nivel: 28.
Centro directivo: Xefatura Territorial de Lugo.
Localidade: Lugo.
* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.