Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2023 Páx. 2487

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 20 de decembro de 2022 pola que se modifica o anexo III da Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

Mediante a Orde do 20 de novembro de 2019 deuse publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería (DOG núm. 235, do 11 de decembro).

A Orde de 10 de febreiro de 2022 (DOG núm. 35, do 21 de febreiro) modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 no que se refire á especialidade de Física e Química do corpo de profesores de ensino secundario para incluír a titulación de Enxeñaría de Minas como unha das titulacións que permiten a incorporación ás listas desta especialidade en execución da sentenza firme ditada no procedemento ordinario 322/2020 pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1ª, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, incluíronse os títulos de grao correspondentes á dita titulación entre os que figuraban as titulacións de grao en Enxeñaría da Tecnoloxía de Minas e Enerxía, Enxeñaría de Recursos Enerxéticos e Mineiros, Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñaría de Tecnoloxía de Minas e Enerxía, Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, Enxeñaría en Recursos Enerxéticos e Mineiros e Enxeñaría Mineira e Enerxética.

Pola súa vez, a Orde do 8 de xuño de 2022 (DOG núm. 119, do 22 de xuño) modifica o anexo II da Orde do 20 de novembro de 2019 para incorporar a titulación de grao en Enxeñaría da Enerxía na especialidade de Física e Química do corpo de profesores de ensino secundario.

Así mesmo, analizada a titulación de diplomatura en Óptica e Optometría e o grao en Óptica e Optometría, procede incluír as ditas titulacións, a teor da formación que acreditan, na especialidade de Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico (591219) no anexo III da Orde do 20 de novembro de 2019.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ACORDA:

Primeiro. Modificar o anexo III da Orde do 20 de novembro de 2019 (DOG núm. 235, do 11 de decembro) pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no que se refire á especialidade 591219: Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico, que queda redactado como segue:

591219-Procedementos de Diagnóstico Clínico e Ortoprotésico

Titulacións

Licenciatura:

Bioloxía

Bioquímica

Biotecnoloxía

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Ciencias Ambientais

Farmacia

Medicina

Odontoloxía

Química

Veterinaria

Diplomatura:

Enfermaría

Fisioterapia

Óptica e Optometría

Terapia Ocupacional

Grao:

Bioloxía

Bioloxía Ambiental

Bioloxía Humana

Bioloxía Sanitaria

Biomedicina

Biomedicina Básica e Experimental

Bioquímica

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Bioquímica e Ciencias Biomédicas

Biotecnoloxía

Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos

Ciencias Ambientais

Ciencias Biomédicas

Ciencias da Alimentación

Enfermaría

Enxeñaría Biomédica

Enxeñaría da Saúde

Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais

Enxeñaría de Sistemas Biolóxicos

Farmacia

Fisioterapia

Medicina

Microbioloxía

Nutrición Humana e Dietética

Odontoloxía

Óptica e optometría

Química

Terapia Ocupacional

Veterinaria

Xenética

Segundo. A persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades